Ir o contido principal
lectura

Clubes de Lectura Xuvenil - Coruña

Tes inquedanzas culturais, gusto pola lectura e ganas de compartir opinións e facer novas amizades?

✍️ Se é así, tes ata o 30 de setembro para inscribirte nos Clubes de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora e da Biblioteca Durán Loriga!

👉 O Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Ágora, dirixido a mozas e mozos de 14 a 18 anos, reúne participantes cada 15 días, os xoves, para descubrir xéneros, autoras e autores a través de lecturas facilitadas pola propia biblioteca.

👉 Pola súa banda, o Club de Lectura Xuvenil da Biblioteca Durán Loriga está pensado para rapazada de 12 a 16 anos e celébrase os martes, tamén cada 15 días, ás 18.30 h, un espazo perfecto para compartir impresións e emocións arredor dos libros.

📖 Non perdas a oportunidade de mergullarte na literatura!

🔗 Máis información en coruna.gal.

Comments