Convocatoria de axudas para o ensino e transporte do Concello de Cambados – Curso 2025/2026
O Concello de Cambados vén de abrir a convocatoria de axudas para o ensino e transporte dirixidas a familias con menos recursos económicos e colectivos con carencias, co obxectivo de apoiar os gastos derivados da escolarización pública, ensinanzas artísticas e formación universitaria.
📌 Datos principais da convocatoria:
-
Beneficiarios/as: familias e persoas con dificultades económicas que cumpran os requisitos da convocatoria.
-
Obxecto: paliar os gastos educativos e de transporte relacionados co curso 2025/2026.
-
Orzamento: 27.000 € con cargo ao orzamento municipal de 2025.
-
Prazo de solicitudes: desde o día seguinte á publicación no BOPPO ata o 30 de setembro de 2025.
-
Bases e formularios: dispoñibles no portal de transparencia da sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal).
ℹ️ Máis información no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cambados.




Comments