Convocatoria de axudas municipais para a adquisición de material escolar en Meaño – Curso 2025/2026
O Concello de Meaño vén de publicar a convocatoria de axudas dirixidas ás familias con menores en etapa escolar, co obxectivo de apoiar na adquisición de material e equipamento escolar para o curso 2025/2026.
Estas axudas están destinadas a alumnado empadroado no municipio e matriculado en centros docentes públicos de educación infantil (2ª etapa), primaria, secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial.
A finalidade é contribuír a que as dificultades económicas non limiten o dereito á educación en condicións de igualdade.
🔹 Crédito dispoñible: 4.000 €, distribuído en dúas liñas:
-
3.000 € para alumnado de infantil, primaria e educación especial.
-
1.000 € para alumnado de secundaria, FP básica e educación especial.
🔹 Importes segundo renda per cápita:
-
Familias monoparentais: entre 70 € e 90 € segundo tramos de renda.
-
Resto de familias: entre 60 € e 80 € segundo tramos de renda.
📅 Prazo de solicitude: ata o 15 de outubro de 2025, contado desde o día seguinte á publicación oficial no BOPPO (n.º 174, do 12/09/2025).
O texto completo da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións:
👉 BDNS 856335




Comments