Ir o contido principal
seminario

Seminario Internacional “Volver a ser humanos”

@bienalpontevedra e @uned_pontevedra presentamos o Seminario Internacional “Volver a ser humanos”, un espazo para analizar o impacto da guerra no presente e o papel da arte, da memoria e do pensamento como elementos de resistencia, sanación e esperanza.

Este encontro, aberto a todos os públicos, celebrarase os días 25, 26 e 27 de setembro na sede da UNED en Pontevedra, tanto en modalidade presencial como en liña.

O seminario reunirá recoñecidas personalidades da reflexión e da creación contemporáneas: Ángela Molina Climent, Rob Riemen, @francoise_verges_decoloniale, Alberto Barreiro, @demetriopaparoni@emilyjacir@miki_kratsman e Francesca Ferrando (@posthumanphilosophy).

A asistencia é gratuíta, pero require a inscrición a través do enlace..

Comments