Ir o contido principal
natalidad

Covelo impulsa o apoio ás familias cun programa de axudas á natalidade para 2025

O Concello de Covelo volve apostar polo apoio ás familias e o fomento da natalidade coa nova convocatoria de axudas correspondente ao ano 2025, aprobada o pasado 23 de outubro pola Xunta de Goberno Local. O obxectivo principal consiste en contribuír aos gastos derivados do nacemento ou adopción de nenas e nenos empadroados no municipio.

As persoas beneficiarias deberán cumprir requisitos vinculados ao empadroamento efectivo en Covelo, residencia continuada durante dous anos e límites de renda establecidos nas bases da convocatoria. A unidade familiar non poderá superar os 45.000 € de renda anual ou unha renda per cápita de 13.500 €. Ademais, será necesario estar ao día das obrigas tributarias co Concello e coa Seguridade Social.

A contía máxima da axuda será de 500 euros por cada filla ou fillo nado ou adoptado entre o 30 de novembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025. No caso de que o número de solicitudes supere o crédito dispoñible, este repartirase proporcionalmente entre todas as solicitudes admitidas.

O prazo de presentación das solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación oficial do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou do día seguinte ao nacemento/adopción e rematará o venres 5 de decembro de 2025.

O texto completo das bases pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS(Identif.): 864271.

Covelo continúa así a súa aposta por un municipio vivo, familiar e con futuro.

BOP Pontevedra

Comments