 
 
				Axudas para material escolar destinadas a alumnado de 2º ciclo de educación infantil.
Propiciar que a poboación escolar integrada en familias con menos recursos dispoña do material educativo preciso para o normal desenvolvemento da súa aprendizaxe.
Poderán ser beneficiarios/as das subvencións obxecto da presente convocatoria os pais e nais -ou titores legais- dos nenos e nenas matriculados no curso escolar 2025/2026 nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de Educación Infantil.
As solicitudes para participar na presente convocatoria poderán presentarse no prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Para máis información fai clic no seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/29/2025_0000006982.html




Comments