 
 
				Bases da convocatoria de axudas económicas por nacemento ou adopción destinadas a familias do Concello de Vilamartín de Valdeorras.
As presentes bases regulan o procedemento en réxime de concorrencia non competitiva de axudas económicas de pago único por nacemento ou adopción de menores.
Os destinatarios, solicitantes das axudas, serán os proxenitores ou adoptantes dos nenos/as nados ou adoptados, desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro de 2025, titulares do Libro de Familia no que figure rexistrado o nacemento ou adopción.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses contados desde o día seguinte á data de presentación das solicitudes.
Para máis información, fai clic no seguinte enlace:https://bop.depourense.es/portal/anuncio/348104




Comments