Ir o contido principal
natalidade

Axudas económicas á natalidade ou adopción coa tarxeta de Benvida ó Pereiro no Concello de Pereiro de Aguiar

Constitúe o obxecto destas bases a regulación das axudas que o Concello do Pereiro de Aguiar.

Poderá ser beneficiario/a destas axudas:

- O/a proxenitor/a dun/ha menor nacido/a entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2025.

- O/a adoptante dun/ha menor, sempre que a constitución da adopción teña lugar entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2025.

- O/a titor/a dun/ha menor, sempre que a constitución da tutela se faga entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2025.

As solicitudes para nenos/as nacidos/as nos anos 2023, 2024 e 2025 poderá presentarse dende o día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e ata o día 30 de novembro de 2025.

No caso de que o nacemento ou constitución da adopción ou tutela que motiva a solicitude tivera lugar entre o día 30 de novembro e o día 31 de decembro de 2025, o prazo para presentar a solicitude será ata o día 12 de xaneiro do 2026.

Para máis información consultar o seguinte enlace:https://bop.depourense.es/portal/anuncio/348182

Comments