 
 
				Extracto do acordo da convocatoria pública de bolsas a deportistas individuais do Consello Municipal de Deportes de Ourense.
A concesión de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas e cumpran os requisitos e obrigas establecidos nas bases reguladoras.
Poderán beneficiarse das bolsas previstas nesta convocatoria os deportistas que reúnan os seguintes requisitos na data de publicación do extracto de convocatoria no BOP:
1. Estar inscrito/as no padrón municipal de habitantes do Concello de Ourense.
2. Dispoñer de licenza en vigor pola Federación Deportiva Galega pola que acrediten o resultado presentado para a obtención da bolsa. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza estatal.
3. Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
4. Non estar incurso/a en causa de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Manter os anteriores requirimentos canto menos ata a data da xustificación da bolsa.
6. Certificado do mellor resultado emitido pola Secretaría Xeral da Federación en cuestión, xunto coa acta da competición obxecto de valoración, segundo os criterios de valoración recollidos no anexo I das bases reguladoras.
As solicitudes presentaranse, no prazo de 1 mes, que contará desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro do Consello Municipal de Deportes, Avda. Pardo de Cela, núm. 2, en impreso normalizado que se facilitará nas dependencias administrativas do CMD. Tamén se poderá presentar de forma telemática a través da sede electrónica do CMD.
Para máis información, fai clic no seguinte enlace:https://bop.depourense.es/portal/anuncio/348110




Comments