Ir o contido principal
familia numerosa

Axudas económicas a familias numerosas no Concello de Pereiro de Aguiar.

A finalidade desta convocatoria é proporcionar apoio económico a aquelas familias cualificadas como numerosas pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou organismos análogos doutras Comunidades Autónomas.

Poderán optar a estas axudas as unidades de convivencia que teñan fixada a súa residencia habitual no Concello do Pereiro de Aguiar, cun mínimo dun ano de antigüidade ininterrompido á data de presentación da solicitude, sempre que acrediten o cumprimento dos requisitos indicados nestas bases. A antigüidade esixirase a todas aquelas persoas que figuren no título de familia numerosa.

O prazo para presentar as solicitudes será de 1 mes que comezará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.depourense.es/portal/anuncio/348183

Comments