 
 
				Subvencións para agasallos de Nadal no Concello de Ortigueira.
O obxecto do programa é a concesión de axudas económicas a familias con escasos recursos económico destinadas a adquisición de agasallos de Nadal para nenos e nenas menores de 15 anos a 01/01/2026, e no caso de discapacidade recoñecida superior ao 33 % menores de 19 anos a 01/01/2026.
Poderán solicitar estas axudas os representantes legais, pai, nai e titor/a dos/as menores que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado e residir real e efectivamente no Concello de Ortigueira.
b) Convivir cos/as menores para os que se solicita a axuda.
c) Que a unidade familiar non teña uns ingresos anuais ponderados (resultado de multiplicar os ingresos familiares polo coeficiente de ponderación) de calquera procedencia, (salarios, pensións, desemprego, autónomo...) superiores ao 1,5 do S.M.I. vixente para cada ano (SMI: 1.184 €/mes para o exercicio 2025) (SMI anual 14 pagas: 16.576 €/ano). A estes efectos deduciranse os gastos derivados de aluguer da vivenda habitual da unidade familiar e/ou amortización de créditos de vivenda habitual (compra ou construción) ata un máximo de 2.400 €/anuais.
Os interesados poderán presentar a solicitude no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello , na sede electronica do Concello de Ortigueira e nas demáis formas prevista na lexislación vixente no prazo de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña.
Para máis información, consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/31/2025_0000007057.html




Comments