Ir o contido principal
XEDCI10PISTACATRO

10ª edición do Encontro de Formación e Innovación en Circo D10!

A 10ª edición do Encontro de Formación e Innovación en Circo D10! celebrarase do 23 de novembro ao 2 de decembro con distintas actividades de capacitación e intercambio profesional, así como unha carteleira de espectáculos que lle amosarán ao público a versatilidade e variedade desta disciplina escénica.

A 10ª edición do D10! celebrarase entre o 23 de novembro e o 2 de decembro en distintos espazos de Santiago de Compostela e de Pontevedra, cidade que acolle parte deste evento no marco da feira Culturgal.

Trátase dunha completa programación que reúne propostas escénicas, procesos formativos e encontros profesionais arredor das novas linguaxes do circo contemporáneo.

A cita inclúe tamén  a celebración da segunda edición dos Premios Manu Lago, organizada pola APCG, que recoñece o talento emerxente e consolidado do circo galego.

A cerimonia de entrega terá lugar o 28 de novembro ás 20,00 h. no Salón Teatro, converténdose nun dos momentos centrais desta edición do D10!.

Máis información:
https://pistacatro.com/es/ix-edicion-d10-encuentro-de-formacion-e-innovacion-en-circo/

 

Comments