Ir o contido principal
monitor

A Escola de Tempo Libre Yeah Academy abre inscricións para o curso de Monitor/a de Tempo Libre (Edición 2) en Vigo

A Escola de Tempo Libre Yeah Academy anuncia a apertura das inscricións para unha nova edición do curso oficial de Monitor/a de tempo libre, que se desenvolverá na cidade de Vigo do 2 ao 29 de xullo de 2026.

A formación, dirixida por María Segura Sieiro, impartirase nas instalacións situadas na Carretera de O Vao 33, Baixo, 36330 Vigo. O horario será de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30, combinando sesións teóricas e prácticas para capacitar ás persoas participantes no ámbito da educación non formal, a dinamización xuvenil e o tempo libre.

Inscricións abertas ata o 29 de xuño

O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de xuño de 2026, cun prezo total de 350 euros.

Para poder participar cómpre cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 18 anos.

  • Posuír o título de Graduado en ESO ou equivalente.

Contacto e máis información

As persoas interesadas poden contactar coa organización a través de:
📞 +34 698 16 53 90
🌐 www.yeahactivities.es
📧 academy@yeahactivities.es

Comments