Ir o contido principal
entroido

Concurso de comparsas no Concello de Neda

Co fin de celebrar as Festas do Entroido e o seu carácter tradicional e popular, o Concello de Neda, asume a concesión de distintas axudas e premios para os participantes nos distintos festivais e actos que, durante tales datas están previstos neste Concello.

O número máximo de comparsas participantes será de nove e o número máximo de grupos participantes será de un. Terán preferencia, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases, as comparsas e grupo formadas por veciñas e veciños de Neda e inscritas como tal e aquela comparsa integrada por o maior número de persoas con discapacidade, favorecendo así a inclusión social das mesmas.

Para optar aos premios fixados nestas Bases, as Comparsas e Grupo participantes, deberán facer a súa inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Neda dende o día seguinte da publicación das mesmas no Boletín Oficial da Provincia poidendo inscribirse de xeito presencial en horario de 9 a 14.30 horas ou a través da sede electrónica ata ás 23:59 do día 9 de febreiro. Fóra deste prazo non se admitirá ningunha inscrición, así mesmo as presentadas incompletas terán un prazo de tres días para emendar erros, previo requirimento por parte do Concello.

Para máis información consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/01/30/2026_0000000458.html

Comments