Ir o contido principal
entroido galicia baleira

Concurso de Entroido 2026 no Concello de Muxía

O obxecto desta convocatoria é o fomento de actividades culturais.

Poderán participar todas as persoas, asociacións, comunidades, colectivos e grupos de persoas que o desexen. A participación no concurso de infantil é para nenos e nenas de ata 12 anos de idade.

. Prazo de presentación de solicitudes:

Para a categoría de comparsas e para a de grupos, os participantes deberán inscribirse previamente no Concello de Muxía, de forma presencial ou ben a través da sede electrónica ata o día 12 de febreiro de 2026.

Para o concurso infantil e para o de adultos individual, a inscrición farase no mesmo momento do concurso, na mesa do xurado, segundo modelo de inscrición

Pode consultarse o texto completo das bases na web municipal www.concellomuxia.com

Para máis información, consulta a seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/02/2026_0000000494.html

Comments