Ir o contido principal
ENTROIDO

Concurso de Entroido de Cuntis 2026

O Concello de Cuntis organiza o seu Desfile e Concurso de Entroido o domingo 15 de febreiro de 2026, repartindo ata 3.000 € en premios entre as distintas categorías participantes.

Requisitos

  • Categorías de participación:

    • Comparsa (mínimo 20 persoas).

    • Grupo (entre 10 e 19 persoas).

    • Parella (2 persoas).

    • Individual (1 persoa).

    • Carroza (medidas máximas: 4 m alto, 3,90 m ancho, 9 m longo).

  • Non se admite a presenza de animais no desfile.

  • Cada participante deberá inscribirse na categoría correspondente segundo o número de compoñentes.

Prazos

O prazo de inscrición remata o 13 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas.

Solicitudes

As inscricións (Anexo I) e a declaración responsable (Anexo II) presentaranse:

  • Xeral: No Rexistro do Concello (9:00 a 13:30 h) ou a través da Sede Electrónica.

  • Asociacións: Obrigatoriamente a través da Sede Electrónica, achegando copia do CIF, nomeamento da Xunta Directiva e DNI do representante.

Máis información

Comments