A Xunta convoca cursos gratuítos para a preparación das probas Celga 2, 3 e 4
A Secretaría Xeral da Lingua abre o prazo para solicitar cursos preparatorios de 70 horas lectivas, de carácter voluntario e gratuíto, destinados a obter os certificados de lingua galega nos niveis 2, 3 e 4.
Requisitos:
-
Ter cumpridos os 16 anos ou cumprilos no ano 2026.
-
Dispor de equipo informático con conexión a internet e micrófono (para a modalidade en liña).
-
Realizar unha proba de nivel previa no sistema de inscrición para asegurar a idoneidade do curso (o resultado apto dará preferencia na asignación de prazas).
-
Só se admite a inscrición nun único curso por persoa.
Prazo de presentación:
-
15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Solicitudes:
-
A tramitación realízase exclusivamente de xeito telemático a través da plataforma de teleformación: https://formacion-lingua.xunta.gal.
-
Se o número de solicitudes supera as prazas (mínimo 15, máximo 35 por curso), realizarase un sorteo público o día 12 de marzo ás 11.00 horas.
Máis información:
-
Web da Secretaría Xeral da Lingua: www.lingua.gal
-
Plataforma de inscrición: formacion-lingua.xunta.gal




Comments