O Concello de Cervo busca cubrir unha praza de Auxiliar Administrativo/a
O Concello de Cervo convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de Auxiliar Administrativo/a, como persoal funcionario de carreira, mediante oposición libre.
Requisitos
-
Nacionalidade: Española ou dun Estado membro da UE.
-
Idade: Ter feitos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación.
-
Titulación: Graduado en ESO ou equivalente.
-
Capacidade: Posuír a aptitude física e psíquica necesaria.
-
Habilitación: Non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración pública.
-
Lingua: Acreditar o Celga 3 ou superar unha proba específica.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Solicitudes
As instancias (Anexo I das bases) dirixiranse á Alcaldía de Cervo e poden presentarse telematicamente a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello ou por calquera medio previsto na Lei 39/2015.
Máis información




Comments