Pasar al contenido principal

O Concello de Cervo busca cubrir unha praza de Auxiliar Administrativo/a

O Concello de Cervo convoca un proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de Auxiliar Administrativo/a, como persoal funcionario de carreira, mediante oposición libre.

Requisitos

  • Nacionalidade: Española ou dun Estado membro da UE.

  • Idade: Ter feitos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación.

  • Titulación: Graduado en ESO ou equivalente.

  • Capacidade: Posuír a aptitude física e psíquica necesaria.

  • Habilitación: Non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración pública.

  • Lingua: Acreditar o Celga 3 ou superar unha proba específica.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Solicitudes

As instancias (Anexo I das bases) dirixiranse á Alcaldía de Cervo e poden presentarse telematicamente a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello ou por calquera medio previsto na Lei 39/2015.

Máis información

Comments