Ir o contido principal
socorrismo

Socorrismo en Instalacións Acuáticas

Traémosche excelentes novas 🌟
Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso oficial AFD 2026/2027 de Socorrismo en Instalacións Acuáticas, unha formación 100% bonificada que ademais conta con axudas para desprazamentos.

Se queres converterte nun/ha profesional do salvamento acuático en piscinas… este é o teu momento! 🏊‍♂️

📢 INFORMACIÓN IMPORTANTE
⚠️ Prazas limitadas
🟢 Hai prazas para persoas traballadoras ocupadas, pero terán prioridade as persoas desempregadas
💸 Formación 100% subvencionada (non tes que pagar nada)

 

✅ AFDP0109 – SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS

📍 Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia
Rúa Gambrinus nº151, Mód. 0, nave 3 – 15008 A Coruña

📚 Modalidade: 100% presencial
⏳ Carga lectiva: 355 h aula + 93 h prácticas → 448 h totais
📅 Datas estimadas: 01/04/2026 → 11/08/2026
🕓 Horario: De luns a venres ( excepto festivos ) de 16:00–21:00 h
💸 Formación: 100% bonificada

💬 Requisitos de acceso (cumprir un mínimo):
• ESO ou equivalente
• Certificado de profesionalidade nivel 2
• Certificado nivel 1 da mesma familia
• Requisitos académicos de FP Grao Medio
• Proba de acceso á universidade +25 / +45
• Competencias clave (RD 34/2008)

🧩 Colectivos prioritarios:
Persoas desempregadas, mulleres (especialmente vítimas de violencia de xénero), parados/as de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados/as e persoas en risco de exclusión social.

📅 Nota sobre o calendario:
As datas definitivas serán confirmadas pola Consellería de Traballo.
Existe posibilidade de ampliar a 6 horas lectivas diarias para reducir a duración total e facilitar a incorporación ao mercado laboral na tempada de verán.

📄 DOCUMENTACIÓN NECESARIA
✅ Folla de matrícula cuberta
✅ Copia do DNI
✅ Copia do certificado académico (mínimo ESO)
✅ Copia da tarxeta de demanda de emprego

💡 Aínda que na folla apareza un prezo, NON tes que pagar nada → é 100% subvencionado.

📧 ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN
👉 fessga@gmail.com

🔎 Recomendámosche enviar a documentación directamente á Federación para asegurar a túa praza.

📣 NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE!
✔ Titulación oficial
✔ Prácticas en empresa
✔ Alta demanda laboral
✔ Formación a custo CERO

✨ Solicita xa a túa praza antes de que se esgoten!

Comments