Ir o contido principal

O Concello de Agolada convoca dúas bolsas de emprego para operarios e peóns con vixencia de tres anos

O Concello de Agolada vén de aprobar, mediante Resolución de Alcaldía do 20 de febreiro de 2026, as bases e a convocatoria para a constitución de dúas bolsas de traballo destinadas á cobertura temporal de postos de operario de servizos múltiples, peón de obras e servizos e peón.

O anuncio foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e abre un prazo de dez días hábiles para a presentación de solicitudes, contados desde o día seguinte á súa publicación.

Obxecto da convocatoria

A convocatoria ten como finalidade a creación de:

  • Unha bolsa para operario de servizos múltiples (1 praza) e peón de vías e obras (2 prazas).

  • Unha bolsa específica para peón (1 praza).

Todas as prazas están adscritas á unidade de vías, obras e infraestruturas. Actualmente existe necesidade urxente de cubrir temporalmente unha praza de peón de obras e servizos e outra de peón por incapacidade temporal das persoas titulares.

Requisitos das persoas aspirantes

Entre os principais requisitos figuran:

  • Nacionalidade española ou cumprir os requisitos de acceso ao emprego público segundo a normativa vixente.

  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

  • Estar en posesión do certificado de escolaridade ou titulación superior.

  • Permiso de conducir:

    • Tipo B e C para operario de servizos múltiples e peón de vías e obras.

    • Tipo B para peón.

  • Acreditar coñecemento de galego (Celga 1) ou superar proba específica.

  • Pago da taxa por dereitos de exame segundo a ordenanza fiscal municipal.

Modalidade contractual

Os contratos formalizaranse como persoal laboral temporal, conforme ao artigo 15.3 do Estatuto dos Traballadores.

  • Xornada completa para operario de servizos múltiples e peón de vías e obras.

  • Media xornada no caso da praza de peón.

Sistema selectivo

O proceso desenvolverase mediante concurso-oposición:

Fase de oposición (60 puntos)

  • Dous exercicios prácticos relacionados co temario e coas funcións do posto.

  • Duración máxima de 30 minutos por exercicio.

  • Será necesario obter un mínimo de 15 puntos (e non menos de 7,5 en cada exercicio).

  • Proba obrigatoria de galego para quen non acredite Celga 1.

Fase de concurso (40 puntos)
Valoraranse os servizos prestados en postos de igual ou similar natureza:

  • Administración local: 0,80 puntos por mes.

  • Outras administracións públicas: 0,40 puntos por mes.

  • Empresa privada ou entidades sociais: 0,20 puntos por mes.

Funcionamento das bolsas

As persoas que superen o proceso integraranse nas bolsas segundo a orde de puntuación obtida.

  • Os chamamentos realizaranse por orde de prelación.

  • A renuncia non suporá exclusión, pero implicará pasar ao último posto, agás causas xustificadas.

  • O prazo máximo de vixencia das bolsas será de tres anos.

  • A listaxe actualizarase e publicarase permanentemente na sede electrónica municipal: https://agolada.sedelectronica.gal

Contra estas bases poderá interpoñerse demanda ante a xurisdición social nos termos previstos na normativa vixente.

Comments