Ir o contido principal
actividade social

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para proxectos de interese social no Concello da Coruña

A finalidade das subvencións é a cooperación en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servizos sociais e, en xeral, aquelas que perseguen un interese social no campo dos servizos sociais, no concello da Coruña, a realizar durante o ano 2026, por entidades de iniciativa social ou agrupacións de persoas, nas condicións establecidas na Ordenanza municipal de bases reguladoras xerais par a concesión de subvencións polo Concello da Coruña e os seus organismos públicos.

Poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas xurídicas, as agrupaciones de persoas físicas o xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean válidamente constituidas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou estean na situación que motiva a concesión da subvención (en adiante, entidades). No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado os requisitos da persoa beneficiaria deberán ser cumpridos por todos e cada un dos socios/as, independente da súa porcentaxe na sociedade.

A solicitude de subvención presentarase na sede electrónica do Concello da Coruña https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter, a través do procedemento Subvencións para entidades de iniciativa social sen animo de lucro para actividades ou proxectos de interese social ou a través dos restantes rexistros electrónicos a que se refire o artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. A solicitude deberá realizarse nos anexos oficiais da convocatoria.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/10/2026_0000001347.html

Comments