Ir o contido principal
voluntariado

Xuventude en Acción: Porque o cambio comeza contigo

Desde a Fundación Ayuda en Acción queremos achegarvos unha iniciativa pensada para a mocidade coa que traballades, con ganas de participar, aprender e conectar con outras persoas. Encantaríanos que puiderades compartila coa vosa rede xuvenil para que a coñezan e poidan inscribirse. A inscrición xa está aberta!

No Ano Internacional das Persoas Voluntarias 2026, desde Ayuda en Acción, xunto con Altekio, entidade especializada en participación xuvenil, impulsamos o Itinerario de Participación Xuvenil. Un espazo creado para que a mocidade poida atoparse, reflexionar, debater e construír propostas sobre participación, voluntariado e liderado.

 

🚀 Mozos e mozas, a vosa voz conta

📅 3 sesións en liña + encontro presencial en Madrid (gastos cubertos grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030)
💡 Pódese participar en todas as sesións ou só nalgunhas.

👉 Animade á vosa comunidade xuvenil a inscribirse:
🔗 https://ayudaenaccion.org/espacio-reflexion-juvenil/

Animámosvos a compartir esta oportunidade coa vosa comunidade xuvenil para que máis mozos e mozas poidan coñecela e participar. Queremos facer chegar a súa voz ás institucións.

¡Xuventude en Acción: porque o cambio comeza contigo! 🚀

Comments