Ir o contido principal
formacion

Experto en Transformación Dixital – Axentes do Cambio

O curso “Experto en Transformación Dixital – Axentes do Cambio” é unha formación gratuíta dirixida a mozos e mozas menores de 35 anos, financiada pola Unión Europea. Prepárate para liderar a transformación dixital nas pemes, con ferramentas prácticas para mellorar procesos e adaptar as empresas ao contorno dixital.

Ao finalizar, obterás unha titulación oficial da EOI e da SEDIA, con recoñecemento de 15 créditos ECTS.

Que conseguirás con esta formación?

  • Adoptar unha mentalidade dixital e innovadora, orientada ao cambio.

  • Comprender e aplicar metodoloxías áxiles e ferramentas colaborativas (Scrum, Kanban, Trello, Slack...).

  • Dominar principios clave de experiencia de cliente e deseño centrado no usuario (Customer Journey, UX).

  • Familiarizarte con tecnoloxías como Big Data, Business Intelligence, IA, ciberseguridade e marketing dixital.

  • Ser capaz de identificar oportunidades de mellora dentro dunha peme e guiar a súa evolución tecnolóxica.

  • Mellorar a túa empregabilidade nun contorno laboral en constante transformación.

 

Requisitos

Idade: Menor de 35 anos

Situación laboral:

- Desempregado/a

- Autónomo/a

- Traballador/a nunha PYME (de 1 a 249 empregados)

Máximo 3 persoas por empresa

Formación + experiencia:

- Titulación universitaria ou FP de Grao Superior + 6 meses de experiencia laboral (poden ser prácticas)

- Ou Bacharelato, Grao Medio ou Certificado de Profesionalidade nivel 3 + 2 anos de experiencia en competencias dixitais

Residencia:

Debe vivir en: Andalucía. Galicia: Pontevedra, A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela

Compromiso:

Asistir ao 75% do curso para obter a titulación e recibir unha bolsa final de 150 €

qr

Comments