Ir o contido principal
uvigo santander startup

Santander X Spain Award-Startup universitaria 2026

A Universidade de Vigo ven de convocar o Premio "Santander X Spain Award-Startup universitaria 2026" co obxectivo de recoñecer e potenciar as mellores startups e spin offs universitarias de base tecnolóxica ou de coñecemento e que teñan unha solución innovadora e disruptiva en fase de aceleración.

A Universidade de Vigo concederá tres premios que consistirán en:

- Nunha achega económica para o desenvolvemento da solución emprendedora de 4.000 € que será aboada á persoa solicitante, cuxo importe estará suxeito á retención do IRPF establecida na lexislación tributaria.

- Acceso directo ao premio nacional "Santander X Spain Award IStartup & Scaleup 2026", previa inscrición no mesmo, onde as persoas gañadoras de todas as universidades poderán competir entre elas e obter exposición a nivel nacional, así como a oportunidade de conseguir unha serie de beneficios adicionais, tanto económicos como en especie, segundo a convocatoria específica do premio.

- Difusión dos proxectos gañadores nas redes sociais e webs do Grupo Santander, onde se incluirá unha mención co nome dos membros do equipo, descrición do proxecto, así como os seus logotipos e accesos á súa páxina web e redes sociais.

Requisitos.  

Para solicitar o premio será preciso cumprir os seguintes requisitos:

- Un membro do equipo deberá estar matriculado ou recén titulado (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) de grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.

- O/a estudante ou recén titulado/a deberá ter residencia legal en España.

- Tamén poderán formar parte do equipo persoas que teñan a condición de profesorado universitario, persoal investigador predoctoral ou posdoutoral, empregado/a ou persoal funcionario da Universidade de Vigo ou que teñan participado nalgún programa de emprendemento promovido pola Universidade de Vigo


Requisitos dos proxectos.

Os proxectos emprendedores deberán cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:

- Estar facturando.
- Ter un equipo formado por un mínimo de dúas persoas e contar cun máximo de vinte e cinco persoas con contrato a tempo completo.
- Contar cun capital semente ata un máximo 1.000.000€ levantado en roldas de investimento.

Documentacion.

    
O estudante ou recén titulado deberá:

- Inscribirse na plataforma Santander X na convocatoria https://app.santanderx.com/calls/santander-x-award-startup-universitari…

- Presentar na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal ), a través da instancia xenérica (SXER), unha solicitude, poñendo no asunto “Premios SANTANDER X SPAIN AWARD 2026 – Startup Universitaria”.

A presentación fóra de prazo suporá a non admisión a trámite da solicitude.

Xunto coa solicitude deberá presentar

- Declaración responsable de cumprimento de requisitos do proxecto (Anexo II).

- Datos da conta bancaria en España da persoa solicitante da que debe ser titular na que se ingresará a achega económica.

 

Prazo de presentación.

O prazo para presentar as solicitudes será desde o 23 de marzo ata o 17 de abril de 2026.

 

Máis información:  Universidade de Vigo

Comments