Bolsa de Operarios de Obras no Concello de Sada
Estas bases específicas teñen por obxecto a regulación dos aspectos particulares do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal de prazas vacantes de persoal laboral coa categoría de operario de calquera servizo, ou para a cobertura coa mesma categoría de calquera das situacións previstas para a contratación laboral de duración determinada do artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal; en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2026”.
As persoas que cumpran as condicións xerais e específicas poden inscribirse.
O prazo é de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases específicas no taboleiro da sede electrónica municipal e/ou no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/06/2026_0000001952.html




Comments