
Concurso de bandas emerxentes europeas
O Parlamento Europeo, o Foro Europeo da Mocidade e Jeunesses Musicais International convidan a todas as bandas emerxentes europeas a participar no concurso e ter a oportunidade de actuar no Evento Europeo da Mocidade (EYE2025) os días 13 e 14 de xuño en Estrasburgo, Francia.
O concurso está aberto a mozos e mozas músicos de entre 16 e 30 anos.
Premios
- Unha actuación en directo de 30 minutos en EYE2025 ante miles de mozos e mozas de Europa.
- Os gastos de viaxe e aloxamento están totalmente cubertos.
- Premio de 1.000 € por banda ou 500 € por artista solista.
Prazo de inscrición ata o 13 de abril de 2025.
Máis información: https://music.eye2025.eu/copy-of-terms-conditions-1?lang=es
Comments