Ir o contido principal

Praza de Técnico de Recursos Humanos no Concello de Cee

É obxecto das presentes bases a realización dun proceso selectivo, mediante concurso-oposición libre, para a provisión, mediante nomeamento interino, dunha praza de Técnico/a de Xestión de Recursos Humanos e, simultaneamente, a constitución dunha bolsa de emprego derivada do mesmo.

Os aspirantes deben de reunir as condicións xerais e específicas que nas bases en detalle aparecen.

As instancias, dirixiranse á Alcaldesa do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio ou bases no BOP. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/07/2026_0000002012.html

 

Comments