Praza de Arquitecto Técnico no Concello de Ordes
É obxecto da presente, a regulación do proceso selectivo a través do procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal funcionario de carreira de arquitecto técnico correspondente ao Grupo A, Subgrupo A2, escala de Administración especial , Subescala Técnica , incluída na Oferta de Emprego Público do Concello de Ordes do ano 2023 (BOP nº 244 do 26/12/2023).
As persoas que cumpran as condicións xerais e as específicas, que aparecen nas bases en detalle, poden inscribirse.
As instancias dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Ordes, e presentaranse no prazo dos 20 días hábiles a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/07/2026_0000002043.html




Comments