Ir o contido principal
festa parroquial

Subvencións a Festas Parroquiais no Concello de Arteixo

As presentes bases teñen como obxecto apoiar ás Comisións e asociacións de festas do concello de Arteixo na organización das festas catalogadas como patronais e as catalogadas como non patronais, romarías ou asimiladas que se celebran, dentro do calendario festivo tradicional, nas parroquias que conforman o Concello de Arteixo, co fin de por en valor un uso activo do tempo de lecer e mantemento das tradicións de Galicia.

As asociacións veciñais que cumpran os requisitos xerais e específicos poden presentarse.

O prazo de solicitude comezará a contar desde o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOP a través da BNDS.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/10/2026_0000002122.html

Comments