Subvencións a Actividades Deportivas no Concello de Arteixo
O Concello de Arteixo ten como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas que residen no municipio, podéndose realizar a actividade municipal para o desenvolvemento das súas políticas públicas tanto de forma directa como indirecta, favorecendo a realización por parte de persoas ou colectivos, de actividades de interese xeral. A actividade de fomento é aquela actividade administrativa dirixida a satisfacer de maneira indirecta determinadas necesidades de carácter público, promovendo a acción das persoas particulares mediante o outorgamento de diferentes incentivos que a fagan posible.
As persoas que cumpran os requisitos xerais e específicos poden presentarse.
O prazo para presentar as solicitudes será de DEZ DIAS HÁBILES, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/10/2026_0000002129.html




Comments