Axudas de Estudos para Alumnado de Conservatorio e Artes Escénicas no Concello de Carballo
Co obxecto de axudar ás familias cunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización das súas fillas e fillos, o Concello de Carballo convoca as Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e de Grao Elemental ou Profesional do Conservatorio Profesional de Música de Carballo.
Para ser beneficiario/a destas axudas será requisito indispensable que a/o beneficiaria/o e, cando menos un dos/as proxenitores/as estea empadroado co beneficiario/a no termo municipal de Carballo, con veciñanza no municipio, ou emancipadas/os con domicilio neste municipio, e dispoñan de DNI, NIE ou NIF provisional.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado (anexo I) no Rexistro Xeral ou na Sede electrónica do Concello de Carballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/10/2026_0000002132.html




Comments