Ir o contido principal

Praza de Informador Turístico no Concello de Touro

As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección dun/ha técnico/a informador/a turístico/a coa finalidade de promocionar e difundir as diferentes actividades turísticas entre a poboación de Touro e os visitantes, vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa DP0029/2026 de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2026.

As persoas que cumpran as condicións xerais e específicas poden presentarse.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/13/2026_0000002171.html

Comments