Ir o contido principal

Catro prazas de Peóns de Obras e Servizos Municipais no Concello De Camariñas

Esta convocatoria ten por obxecto a contratación da obra/servizo “PEL-CONCELLOS ano 2026” nos termos establecidos na Bases reguladoras do programa de subvencións á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia da Coruña no ano 2026 (PEL-CONCELLOS 2026), efectuada pola Excma. Deputación Provincial e publicada no Boletín Oficial da Provincia número 197 do 15 de outubro de 2025.

Os requisitos para poder participar na selección se describen en detalle no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse en modelo oficial que se achega como anexo (Anexo I) ás bases, dirixidas á Alcaldía, presentaranse no Rexistro Xeral das oficina municipais en horario de oficina ou no Rexistro telemático (sede electrónica), durante o prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, esta se anunciará a título meramente informativo na sede electrónica do Concello de Camariñas (sinalándose a data de publicación no Boletín Oficial da Provincia).

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/14/2026_0000002205.html

Comments