Axudas ó Estudo no Concello de Carral
É obxecto destas bases regular a concesión polo Concello de Carral, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o estudo aos/ás estudantes matriculados/as durante o curso académico 2025/2026 e empadroados/as no municipio de Carral.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles que se contarán dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/23/2026_0000002444.html




Comments