Subvencións para o fomento de Actividades Deportivas no Concello de Vimianzo
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao fomento do deporte no termo municipal do Concello de Vimianzo, co fin de apoiar a entidades sen ánimo de lucro na realización de actividades deportivas, no impulso do deporte base, do deporte para todas as persoas e na organización de eventos/competicións deportivas.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no diario oficial correspondente.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/23/2026_0000002462.html




Comments