Ir o contido principal
Irlanda

Becas para o Estudo de inglés en Irlanda

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de 60 bolsas en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar o gasto derivado da realización dunha estadía de catro semanas na República de Irlanda para mellorar as competencias lingüísticas daquel alumnado de 1º de bacharelato escolarizado nun centro educativo público e que resida nalgún concello da provincia da Coruña, agás os dos termos municipais da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

As condicións para inscribirse poden consultarse no enlace inferior.

O prazo de solicitude iniciarase ás 08:00 horas do día 9 de abril de 2026, e finalizará ás 14:00 horas do día 30 de abril de 2026, tendo en conta que, tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/24/2026_0000002532.html

Comments