Axudas para Material Escolar e uso do comedor no Concello de Noia
As axudas que se convocan teñen coma obxecto o cofinanciamento da adquisición dos libros de texto e material didáctico, e do servizo do comedor escolar, dos alumnos de ensinanza infantil e primaria, así coma dos centros de ensino especial, nos supostos nos que non sexa posible a escolarización nos centros de Noia.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
As solicitudes deberanse presentar no prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial da provincia de A Coruña, data na que se dará publicidade no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Noia.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/27/2026_0000002574.html




Comments