Ir o contido principal
IGUALDADE

Premios Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero

O obxecto é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, así como a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14:00 horas do día 28 de maio de 2026.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/30/2026_0000002677.html

Comments