Maio no Espazo Xove de Noia
O 22 de Maio temos unha cita no Espazo Xove de Noia para crear unha horta urbana. O noso propósito é crear unha zona verde con especies autóctonas que axuden ós animais polinizadores: bolboretas, abellas...
Colocaremos a horta ao carón do hotel de bichos (que por certo xa conta con habitantes).
🗓️ Recorda, o 22 de Maio.
🕔 De 17.00 a 19.30
🧑🌾👩🌾👨🌾 de 12 a 30 anos (podedes vir acompañados de nais, pais, avós, avoas, tutores…)
📍 Espazo Xove Noia
💚 Actividade gratuíta
Inscríbete en www.noialimpa.org
Importante: traer roupa que se poida manchar, auga e gorra por si é un día soleado.
🌱🌷🐛🌼💚🌸
ANÍMATE, DIFUNDE, COMPARTE!




Comments