Ir o contido principal

Bolsa de emprego para Traballadores sociais no Concello de Cambre

É obxecto da presente convocatoria a elaboración polo sistema de oposición dunha relación de candidatos para a cobertura do posto de funcionario/a interino/a de traballador/a social, encadrado na escala de Administración Especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, pertencentes ao subgrupo “A2” cando se dean as circunstancias que legalmente o permitan.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello no prazo de sete (7) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria xunto coas súas bases no Boletín Oficial da provincia. Anuncio que será publicado igualmente, tamén xunto coas Bases desta convocatoria, na páxina web do Concello de Cambre: www. cambre.org, e nos taboleiros de anuncios municipais.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/25/2026_0000003279.html

Comments