Ir o contido principal
entidade deportiva

Subvencións para entidades deportivas no Concello de Carballo

O obxecto desta convocatoria é establecer as normas para a solicitude, concesión, xustificación e pagamento das subvencións en réxime de concorrencia competitiva que conceda o Concello de Carballo, ao amparo do establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (RDLXS).

As condicións para inscribirse, así como os gastos subvencionabeis poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados dende o seguinte a publicación do extracto das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da BDNS.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/25/2026_0000003253.html

Comments