Ir o contido principal

Dez prazas de Socorristas Acuáticos no Concello de Oleiros

O obxecto desta convocatoria é cubrir dez postos de socorrista acuático/a que quedaron vacantes na convocatoria ordinaria para o nomeamento como persoal funcionario interino, en desenvolvemento de programas de carácter temporal, do persoal do servizo de salvamento e socorrismo dentro da campaña denominada “SALVAMENTO NAS PRAIAS 2026”.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/01/2026_0000003511.html

Comments