Ir o contido principal
Programa Cicerone 2025

Programa Cicerone 2025

O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (CNIC) convoca as axudas do Programa Cicerone 2025

O Programa consiste en 33 bolsas de verán para a realización das prácticas e na asistencia a seminarios sobre investigación biomédica organizadas polo CNIC.

O CNIC ofrece a estudantes de Máster e dos últimos cursos de carreiras universitarias relacionadas coa biomedicina, a posibilidade de entrar en contacto coa investigación biomédica e completar a súa formación a través da realización de prácticas de laboratorio durante os meses de verán.

O propósito desta convocatoria é achegar a investigación biomédica aos estudantes universitarios para que poidan escoller máis adecuadamente a súa orientación profesional e a posibilidade de desenvolver unha carreira científica no futuro.

O prazo para a recepción de solicitudes estará aberto ata o día 10 de marzo de 2025.

Máis información no BOE do 7 de febreiro de 2025 e en https://www.cnic.es/es/formacion/convocatorias-abiertas

Comments