
Programa Cicerone 2025
O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares Carlos III (CNIC) convoca as axudas do Programa Cicerone 2025
O Programa consiste en 33 bolsas de verán para a realización das prácticas e na asistencia a seminarios sobre investigación biomédica organizadas polo CNIC.
O CNIC ofrece a estudantes de Máster e dos últimos cursos de carreiras universitarias relacionadas coa biomedicina, a posibilidade de entrar en contacto coa investigación biomédica e completar a súa formación a través da realización de prácticas de laboratorio durante os meses de verán.
O propósito desta convocatoria é achegar a investigación biomédica aos estudantes universitarios para que poidan escoller máis adecuadamente a súa orientación profesional e a posibilidade de desenvolver unha carreira científica no futuro.
O prazo para a recepción de solicitudes estará aberto ata o día 10 de marzo de 2025.
Máis información no BOE do 7 de febreiro de 2025 e en https://www.cnic.es/es/formacion/convocatorias-abiertas
Comments