Transforma ideas en vídeos atractivos con CapCut
A Rede Eusumo organiza a formación en liña "Transforma ideas en vídeos atractivos con CapCut"
Datas: do 30 de xuño ao 14 de xullo de 2026
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivo: Aprender a utilizar CapCut para crear contidos audiovisuais atractivos e profesionais de forma sinxela, potenciando a comunicación visual e a visibilidade do teu proxecto.
Público obxectivo: Persoas emprendedoras e público en xeral, que queiran crear contido audiovisual atractivo para potenciar a súa presenza dixital, a través de ferramentas sinxelas que lles permitan captar clientes e aumentar a visibilidade, sen depender de terceiros.
As inscricións estarán abertas ata o 29 de xuño de 2026.
Máis información: EUSUMO




Comments