Ir o contido principal
cgtd

Bolsas de Colaboradores no Centro de Tecnificación Deportiva (CGTD)

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publica as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2026/27, e procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260629/AnuncioG0759-160626-…

Os bolseiros actuarán baixo a coordinación e dirección dun titor que supervise o proxecto que van desenvolver no centro para que redunde na mellora da súa formación práctica.

Os beneficiarios das bolsas realizarán o seu labor na instalación do CGTD, sita na rúa Fernando Olmedo, 3, da cidade de Pontevedra, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte e durante o curso escolar 2026/27.

Persoas beneficiarias

Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior, que colaborarán na residencia do CGTD para completar a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.

b) Estar empadroados/as en Galicia no momento de presentar a solicitude.

c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou nun ciclo formativo.

d) Non ser persoa beneficiaria dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.

e) Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015 do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.

f) No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.

g) Supletoriamente, no caso de non cubrir as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.

Beneficios das persoas bolseiras

As persoas beneficiarias destas bolsas disporán do aloxamento de domingo a venres, manutención completa de luns a venres, servizo de lavandaría, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia durante o curso escolar 2026/27 no CGTD.

A concesión destas bolsas é compatible coa obtención de axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.

Prazo para presentar as solicitudes: do 30 de xuño ao 30 de xullo de 2026.

Máis información: DOG DE 29/06/2026

Comments