Ir o contido principal
mit

MIT Ribadavia

✨ Xa está aquí! Presentamos a imaxe da 42ª edición da MIT Ribadavia ✨

✨ A MIT é a mesma e é diferente cada ano: quedamos onde sempre para volver imaxinar e para abrir novos mundos.
Regresar á Mostra é manter o hábito do extraordinario, a costume de sorprendernos.

Este 2026 imos inspirarnos nesta idea da cita: na alegría e no compromiso que se encenden cando acordamos que “temos unha cita”. Que nos move a encontrarnos? Que ecos permanecen despois? En tempos escuros, a arte segue sendo un refuxio colectivo para o posible.
 
✨ A ilustradora galega Olalla Higo @olallahigo foi a encargada do deseño desta imaxe, que desenvolveu en diálogo coa dirección artística da MIT, formada por Sabela Mendoza @acuerpodebaile e Gena Baamonde.

Olalla é unha artista ourensana afincada en Pontevedra. As súas ilustracións parten do xogo e da interacción entre personaxes recurrentes como demos e cans.

“Quería que o cartaz da MIT fose divertido e dinámico, que ó velo dixeras, IMOS!
Traballo moito coas máscaras porque me gusta pensar en qué haberá tralas caras das personas, ou se as máscaras dos meus debuxos son as súas verdadeiras caras.
Por iso faime especial ilusión presentar esta ilustración para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Qué lugar é mellor para quitar e poner a máscara que un escenario?”

✨ Agardamos que vos guste tanto como a nós!

🗓 Do 17 ao 25 de xullo
📍Ribadavia (Ourense)

www.mitribadavia.gal

Comments