Nova edición das axudas "EmprendOU en feminino"
A Deputación Provincial de Ourense convocou unha nova edición das axudas "EmprendOU en feminino", destinadas a apoiar o mantemento do emprego feminino e favorecer a consolidación de proxectos emprendedores na provincia durante 2026.
Persoas destinatarias
- Mulleres autónomas ou emprendedoras con actividade na provincia de Ourense.
- Beneficiarias da convocatoria de 2025 que continúen coa súa actividade.
- Novas emprendedoras que iniciasen a súa actividade a partir do 1 de maio de 2025 e cumpran os requisitos establecidos.
Contía das axudas
- Axuda fixa de 915,75 euros, equivalente ao 75 % do salario mínimo interprofesional mensual de 2026.
- Posibilidade dun importe adicional se, unha vez atendidas todas as solicitudes, existe crédito dispoñible.
Orzamento
- A convocatoria conta cun crédito máximo de 150.000 euros.
Prazo de solicitude
- Desde as 09:00 horas do sétimo día natural seguinte á publicación da convocatoria e ata o 30 de outubro de 2026, salvo esgotamento do crédito.
Como se conceden
- As subvencións tramítanse por orde de entrada das solicitudes completas, en réxime de concorrencia non competitiva.
- O 75 % do crédito resérvase para iniciativas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes.
- As beneficiarias da convocatoria de 2025 terán tramitación preferente durante os primeiros 30 días hábiles.
Máis información
As beneficiarias pasarán a formar parte da Rede EmprendOU en feminino, unha iniciativa para fomentar a formación, o networking e a colaboración entre emprendedoras da provincia.




Comments