Ir o contido principal
taxis

Probas para a obtención da licenza de conducir de auto-taxi no Concello de Sanxenxo

Convocar a celebración dunha nova proba de aptitude para a obtención do permiso que faculta para a realización da actividade de condutor/a de taxi. O lugar e hora da súa celebración faranse públicos, unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, polos medios descritos no apartado terceiro das bases detalladas.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

as solicitudes poderán presentarse no Rexistro de entrada do Concello de Sanxenxo, ou ben, segundo o disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

A partir deste anuncio os demais que se realicen neste expediente faranse a través de publicación no taboleiro de edictos do concello e no portal web do concello (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/07/16/2026056110

Comments